Galicia na gloria olímpica
Nos 108 anos de Olimpíadas os deportistas galegos conseguiron 9 medallas: dous ouros, cinco pratas e dous bronces. Un balanzo bastante xusto, pero amplo se temos en conta o pobre desenvolvemento das infraestruturas deportivas e as prácticas monoliticamente dirixidas á promoción do fútbol (ou o básquet). De feito, os dous ouros conseguíronse na emigración.
Ademais, ningunha destas medallas se conseguiu nin en categoría individual nin con equipos integramente galegos (por exemplo, nas parellas de remo de Misioné ou Míguez).
Así pois, se estabelecemos o medalleiro hsitórico dominado polos Estados Unidos e seguido de moi lonxe pola xa extinta URSS, Galiza ocuparía a posición 89ª, por diante de Taiván, Namibia, as Filipinas, islandia, Senegal ou Panamá. Detrás, sen embargo, de Surinam, Hon-Con ou Burundi. España é 32ª no medalleiro histórico, e Portugal 55º.
Podes descargar en formato pdf o medalleiro histórico coa estimación da posición galega.
OURO - David Cal (Piragüismo) Atenas 2004
- Pedro Cea (Fútbol) Amsterdam 1928
- Pedro Cea (Fútbol) París 1924
PRATA - Xosé Antonio Hermida (Ciclismo) Atenas 2004
- Alexandre Avecilla (Hoquei sobre patíns) Barcelona 1992
- Fernando Romay (Baloncesto) Os Ánxeles 1984
- Luís Gregorio Ramos Misioné (Piragüismo) Montreal 1976
- Moncho Gil (Fútbol) Antuerpe 1920
- Luís Otero (Fútbol) Antuerpe 1920
BRONCE - Henrique Míguez (Piragüismo) Os Ánxeles 1984
- Luís Gregorio Ramos Misioné (Piragüismo) Moscova 1980
|
 |
 |
» Participantes galegos por olimpiadas
» Participantes galegos por deportes
» Medalleiro histórico (pdf)
|
 |