                |
 |
|
Dálles forza
|
 |

|
Mensaxe para: Iván Raña
O mellor
Ánimo, na comarca de Ordes sentimos o teu esforzo e sabemos que é moi difícil estar o máximo nivel sempre. a tua traxectoria é clara: es o mellor. Adiante e caña.
Manoel. Mesia [27/08/2004 12:16]
Mensaxe para: David Cal
Toda Galiza ¨FELIZ
Hoxe tod@s galeg@s estamos a falar de ti. Aquí no interior case ninguén sabía o que eran as piraguas, e hoxe todo o mundo entende. Dicíame un veciño : ¨e fala ghallegho, éste si que é da Terra¨. Parabéns polo teu sacrifizo, polo teu ouro, polo Morrazo e por Galiza.
Manoel. Mesia [27/08/2004 12:07]
Mensaxe para: Iván Raña
ANIMO
xa sabes: a polo ouro, pero no podio e no corazónbandeira galega
antia. lugo [25/08/2004 17:02]
Mensaxe para: Antón Paz
GHUAUUUUU!!
Un bicazo moi grande Antón!!! e que o vento vos acompañe. Con ou sen medalla isto xa é unha PASADA!!
chiño. Compos [25/08/2004 05:10]
Mensaxe para: David Gómez
Parabéns
Como me gustou ver o teu último 1500. Seguro que no futuro vas facer grandes cousas, moito ánimo, e felicidades... A ver en Pekín!!
Alberte. Ourense [24/08/2004 22:38]
Mensaxe para: Xosé Antonio Hermida
Sorte
Sorte e demostra a túa orixe ourensá e xa verás como gañas.
Isa. O Ribeiro [24/08/2004 16:42]
Mensaxe para: Tareixa Portela
Ánimo
Moita sorte e demostra o poderío das mulleres galegas.
Isa. O Ribeiro [24/08/2004 16:31]
Mensaxe para: Ch. Bermúdez
polo menos cos da TVG
Chuni, a ver se che escoitamos falar galego algún día!! Polo menos cos da TVG. De que leves a bandeira galega ao podio xa nin falamos.
santi. Cuntis [22/08/2004 19:13]
Mensaxe para: Iván Raña
FORZA!!!!
Forza para o equipo olímpico galego!! Non vos esquezades de onde vindes, no podio BANDEIRA GALEGA. Ivan, ti que estarás aí seguro, tes levar Galiza ao olimpo dos deuses, coma en Cancún. Se todo fora como tiña que ser, poderiamos ter ouro e prata con Xabier Gómez.
Santi. Cuntis [22/08/2004 19:10]
Mensaxe para: David Mascato
Moita sorte
Pase o q pase sabemos q eres o mellor sorte
a famila mascato. Ogrobe [21/08/2004 00:02]
Mensaxe para: David Mascato
Ogrobe no olimpo dos deuses
Os paisanos do Ogrobe estamos moi tranquilos e moi contentos porque sabemos que estamos moi ben representados, polos dous mellores regatistas do mundo.Sorte.
+kto. Ogrobe [19/08/2004 19:47]
Mensaxe para: David Cal
Forza
O remo ate o fondo, David, mirando sempre adiante ... e primeiro na meta. Os galegos de Asturias
Javier. Asturias [17/08/2004 11:09]
Mensaxe para: C. Pérez Rial
RECOR DE MEDALLAS POR METRO CUADRADO
ANIMO PAISANOS QUE VADES A CONSEGUIR QUE ALDAN-VILARIÑO SEXA A ZONA DE ESPAÑA DONDE HAXA MAIS MEDALLAS OLIMPICAS POR METRO CUADRADO.
MOISES SOLIÑO MARTINEZ. DARBO-CANGAS [13/08/2004 22:19]
Mensaxe para: Xovino González
Sairás adiante!
Ánimo, rapaz, que nós cremos en ti e sabemos que a culpa non sempre é dos deportistas, senón da mafia que vos rodea.
Unha aperta
ieronimus. http://ieronimus.paraisoperdido.net [13/08/2004 20:59]
Mensaxe para: Ch. Bermúdez
Boa Sorte
Animo, que ti podes. Es o millor. Crack!
Juan. A Coruña [11/08/2004 13:48]
Mensaxe para: Pilar Hidalgo
A bandeira
Non esquezades a nosa bandeira no podio ... Galicia no máis alto!
María. A Coruña [11/08/2004 12:13]
Mensaxe para: Iván Raña
Campión
¡Ánimo Iván¡, pra min xa es o mellor do planeta. Amósallo tamén ós demáis...
¡Galiza sen lume, e con máis atención ós triatletas...¡
Naûdekvin. Galiza [10/08/2004 18:39]
Mensaxe para: Alfredo Bea
ánimo
Ánimo paisano, o melhor a alguen lhe molesta que Galiza senha unha potencia e queren desacreditarnos. adiante con máis forza.
Xosé Antón. Gondomar [10/08/2004 15:29]
Mensaxe para: Xovino González
Ánimo! Cremos en ti
Non nos coñecemos, pero dende A Coruña quero enviarte moitos folgos e moita forza para que superes este momento e que sigas loitando pola túa inocencia.
Un saúdo.
JAVIER
Javier. A Coruña [10/08/2004 12:09]
Mensaxe para: Xovino González
Para adiante
Ánimo.
Luis Cachafeiro. Santiago [10/08/2004 11:47]
|