Os galegos e as galegas nas Paralimpíadas
Seúl 88
Pablo Beiro Diz (básquet)
Marcelino Paz Fernández (atletismo): a medalla de bronce coa que volveu de Seúl converteuno no primeiro medallista paralímpico galego.
Barcelona 92
Pablo Saavedra (natación)
Dolores Sanda (básquet feminino)
David Abelairas (tenis de mesa)
Indalecio Iglesias (tenis de mesa)
Manuel Casas (seleccionador nacional de tenis de mesa)
Xosé Manuel Abal (atletismo): conseguiu unha medalla de prata ao facerse co segundo posto na modalidade de péntatlon.
Marcelino Paz Fernández (atletismo): despois do bronce de Seúl fíxose con tres ouros na cita de Barcelona.
Antonio Cid Cortés (boccia): acadou unha medalla de ouro.
Pablo Corral Embade (natación): obtivo dúas medallas de prata.
Atlanta 1996
Pablo Saavedra Reinaldo (natación): conseguiu a medalla de bronce.
Xosé Manuel Abal (atletismo)
Antonio Cid Cortés (boccia): obtivo a súa segunda medalla de ouro.
María Hilda Rodríguez (boccia): obtivo dúas medallas de ouro.
Francisco Boedo Vázquez (xudo): obtivo a medalla de prata.
Juan Carlos Taibo López (fútbol 7): acadou a medalla de ouro co seu equipo.
Sidney 2000
Sebastián Rodríguez Veloso (natación): obtivo cinco medallas de ouro nas probas de 200m libres, 100m libres, 50m libres e en relevos 4x50 libres e 4x50 estilos. Durante os Xogos de Sidney bateu ademais catro marcas mundiais.
Pablo Cimadevila (natación): obtivo dúas medallas de ouro e rebaixou a marca mundial que el mesmo posuía dende as probas de clasificación de Sidney.
Xoán Saavedra (tiro olímpico)
Álvaro Illobre (tenis)
Manuel Casas (seleccionador nacional de tenis de mesa)
Antonio Cid Cortés (boccia): o seu medalleiro continuou medrando en Sidney, nesta ocasión con dúas pratas máis.
Jesús González Margaride (atletismo): acadou unha medalla de bronce.
Atenas 2004
Sebastián Rodríguez Véloso (natación): obtivo tres medallas de ouro e unha de bronce.
Xoán Antonio Saavedra Reinaldo (tiro olímpico): rematou en 4º lugar na final da modalidade R5 Carabina Tendida, mixto.
Antonio Cid Cortés (boccia)
Almudena de la Osa Castro (natación): obtivo o 8º lugar na final de 4x100 relevos, estilo libre.
Pablo Cimadevila Álvarez (natación): ficou ás portas do podio nas disciplinas individuais de 100m braza e 200m estilos, obtendo en ambos casos a 4ª posición. Pola contra, acadou o bronce en 4x50 relevos estilos.
Antonio Cid Cortés (boccia): obtivo unha nova medalla, esta vez de bronce.
« Paralimpíadas