POSTAIS    FORO     CONTACTO    MAPA WEB
108 anos de olimpíadasAtenas'04 O equipo galegoO olimpismoPor que?A manNoticiasDía a día
Atenas'04


Entre o 13 e o 29 de agosto de 2004 desenvolveranse na cidade de Atenas os XXV Xogos Olímpicos da era moderna. A capital de Grecia foi elixida no ano 1997 entre cinco finalistas que se completaban con Bos Aires, Capetón, Roma e Estocolmo.

No momento en que se coñeceu cal sería a sede das Olimpiadas de 2004 puxéronse en marcha toda unha serie de engrenaxes destinadas a garantir a dotación de infraestruturas e a seguridade para tal evento deportivo. Así, nos últimos anos construíronse en Atenas novos treitos de autoestradas, un moderno aeroporto internacional —situado entre os tres mellores do mundo—, liñas de metro e mesmo grandes superficies destinadas ao aparcamento de vehículos.

Unión dos cinco continentes
Por primeira vez na historia dos Xogos, o Facho Olímpico visitou no seu percorrido os cinco continentes. O seu lume estivo presente, dende que fora acendido o 25 de marzo de 2004 na antiga Olimpia, en 33 cidades de todo o mundo.

O facho de Atenas 2004, obra do artista Andreas Varochos, está construída en madeira e metal, e inspírase o seu deseño nunha folla de oliveira. Ten unha lonxitude de 68cm e pesa 700 gramos.

Athená e Phevós
Seguindo a tradición inaugurada nas Olimpiadas de 1972, os Xogos de Atenas contarán coa súa propia mascota. Neste caso non hai unha, senón dúas: os irmáns Athená e Phevós, que toman os seus nomes dos deuses gregos do sol e da música.

O deseño de Athená e Phevós está inspirado nun antigo boneco grego do século VII a.C., que se atopa actualmente no Museo Arqueolóxico Internacional de Atenas.

Estarán en Atenas
As cifras que se poden mencionar arredor dunha cita olímpica non deixan de provocar certa vertixe. Segundo os datos barallados na cita de Atenas 2004 estarán presentes:
• 21.000 atletas e directivos
• 202 países (un novo record)
• 47.000 xornalistas
• 155.000 traballadores
• 45.000 voluntarios
• 19.000 esponsors e publicistas
• 3.000.000 de espectadores en directo
• 4.000.000.000 de telespectadores arredor do mundo


» Comité Olímpico Internacional
» O facho olímpico
» Todas as olimpíadas de verán


On CaixaGalicia



PATROCINA        COLABORA         ©